Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta deportistas destacados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta deportistas destacados. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de abril de 2015

DANIEL CALVAR, PREMIADO NO CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PROBAS COMBINADAS



Outro atleta do Club de Atletismo Vila de Cangas e alumno do centro, Daniel Calvar de 3º ESO A, logrou o 1º posto no Campionato de Galicia de Probas Combinadas na categoría cadete, en concreto no Octlathón masculino.  

Con este trunfo, Dani revalida o título de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas.

Agradecemos a Daniel que nos cedera as seguintes fotografías da súa participación no Campionato e que o levou a acadar o metal dourado.




Fotos Daniel Calvar

mércores, 15 de abril de 2015

LUIS PAREDES, PRATA NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN

Temos que felicitar unha vez mais a Luis Paredes Coya, deportista do Club Triatlón Morrazo, pola súa medalla de prata na categoría 40-45 anos no Campeonato de España de Duatlón de Grupos de Idade que se celebrou en Soria.

O deportista cangués que estivo no noso centro a principios de curso para falarnos do triatlón e duatlón, participará no Campeonato de Europa dentro dunhas semanas.

Na foto, vemos a Luis con Belén Lemat, do Club Fluvial Lugo que tamén acadou unha cuarta praza na súa categoría.

NORABOA AOS DOUS!!!






FONTE: Faro de Vigo

luns, 13 de abril de 2015

OUTRO PREMIO PARA BRAIS GUARDADO

Outra vez mais, Brais Guardado, alumno deste centro, de 2ºESO B, acadou o podio.

Nesta ocasión, foi durante a celebración do Open Internacional de España que se celebrou días atrás na cidade de Pontevedra.








O taekwondista do Club Sares TKD, logrou a medalla de prata na categoría cadete.


NORABOA!!!

xoves, 26 de marzo de 2015

PARABÉNS A BRAIS GUARDADO

Outra vez temos que felicitar a un alumno do centro polos sus logros no deporte.

Nesta ocasión, felicitamos a Brais Guardado, pola súa medalla de bronce no Campeonato de España de Taekwondo, na categoría cadete.



Nas vindeiras semanas esperamos facerlle unha entrevista para que nos conte a súa experiencia.

NORABOA!!







venres, 13 de marzo de 2015

ENTREVISTA A ANTÍA PIÑEIRO


O equipo CALM de 1º B, entrevistou a Antía Piñeiro, xogadora do Club Balonmán Cangas e que formou parte da selección galega fiminina, na categoría infantil, no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas, acadando a medalla de  ouro.

Na entrevista contou a súa experiencia como seleccionada autonómica no recente Campionato de España, destacando a boa convivencia que houbo entre as xogadoras.

xoves, 12 de marzo de 2015

SOLANGE PEREIRA E A PERSPECTIVA FIMININA NO DEPORTE DE ÉLITE




Solange Pereira, atleta do Club Terra i Mar de Valencia, afincada en Cangas estivo no noso centro para reflexionar sobre a situación da muller nos deportes de élite:  apoio dende os clubs, impacto dos seus logros nos medios de comunicación, salario,...

Foi unha charla coloquio moi interesante na que o alumnado de 1º ESO aproveitou para facerlle moitas preguntas a Solange sobre a súa disciplina deportiva, a súa carreira deportiva e a súa visión como muller que vive do deporte.

martes, 10 de marzo de 2015

REFLEXIONAMOS SOBRE MULLER E DEPORTE

Co gallo de conmemoración do Día da Muller, mañá mércores, 11 de marzo, organizamos unha charla coloquio, sobre Muller e Deporte, para o alumnado de 1º ESO, con dúas partes diferenciadas:


Na primeira, Paula Tenorio, responsable do centro de Información á Muller Concello de Cangas, fará un repaso polas mulleres no deporte en Cangas, con dous audiovisuais.


Na 2ª parte, contaremos coa presencia de Solange Pereira, atleta que adestrou durante un tempo no Club Vila de Cangas e que recentemente se proclamou campeona de España en 1.500 m. lisos en pista cuberta. De feito, foi galardoanada como a mellor deportista fiminina do 2014 na Gala do Deporte da Fundación Cangas Deporte. Con ela reflexionaremos sobre o papel da muller no deporte, a discriminación que sofre a nivel económico, nos medios de comunicación, etc.





venres, 30 de xaneiro de 2015

LUIS PAREDES COYA MANTIVO UN ENCONTRO CO ALUMNADO DE 1º ESO


O noso traballo de investigación continúa.  Onte tivemos a sorte de contar con Luis A. Paredes Coya, galardonado na Gala do Deporte 2014 cunha mención especial recoñecendo a súa traxectoria deportiva.  Na foto da esquerda, vemos a Luis recollendo o premio na Gala do Deporte.



Luis foi alumno do noso centro, profesor de Educación Física do noso centro e segue a ser un bo amigo.  Así que nos parecía interesante que viñese a falarlle ao noso alumnado dun deporte tan duro e completo como é o Triatlon, no que el ten acadado grandes premios

.- Campeón de España e Galego de Duatlón, no ano 2013
.- Subcampeón de Mundo e de España de Duatlón, no ano 2014

Ten participado en IROMAN, proba na que acadou o 4º puesto.


Aquí á dereita, vémolo na charla co alumnado, na que explicou a diferencia entre Triatlón e Duatlón; faloulles do IROMAN; do nivel durísimo de entrenamento que se necesita, do equipamento necesario....

En fin, foi todo un orgullo contar cun compañeiro que ven acadando un nivel deportivo tan alto e é unha sorte poder contar con el para vir a contárnolo.

GRACIAS LUIS

xoves, 8 de xaneiro de 2015

NORABOA A ANTÍA PIÑEIRO

A alumna deste centro, Antía Piñeiro Iglesias, de 2º ESO A, xogadora do Club Balonmán Cangas, participou este Nadal coa selección galega de balonmán, na categoría Infantil Feminino, no Campeonato de España de Seleccións Autonómicas.
O campionato celebrouse en Oropesa del Mar, Castellón.  A selección galega resultou gañadora do campionato.

MOITAS FELICIDADES!!!




SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN, INFANTIL FEMININO