Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


xoves, 26 de marzo de 2015

PARABÉNS A BRAIS GUARDADO

Outra vez temos que felicitar a un alumno do centro polos sus logros no deporte.

Nesta ocasión, felicitamos a Brais Guardado, pola súa medalla de bronce no Campeonato de España de Taekwondo, na categoría cadete.



Nas vindeiras semanas esperamos facerlle unha entrevista para que nos conte a súa experiencia.

NORABOA!!







ASISTIMOS A UN ADESTRAMENTO DO BALONMÁN CANGAS


Onte, mércores 25 de marzo, antes de irnos de vacacións de Semana Santa, asistimos a un adestramento do Balonmán Cangas, equipo que compite na Liga ASOBAL, e está sitúado no 4º posto.


Foi unha mañá intensa e emocionante. Óscar, que nos acompañou durante toda a visita, fíxonos sentir estupedamente, contestou a todas as preguntas, facilitou o contacto cos xogadores, co Secretario do Club...


Aproveitamos para entrevistar a Óscar e ao secretario do Club.  Tamén aos xogadores do 1º equipo. Xa temos un montón de información para o noso traballo.

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita.







Si queredes ver mais fotos, podedes ver o FACEBOOK do Club

domingo, 22 de marzo de 2015

MULLERES DEPORTISTAS

Co gallo da conmemoración do Día da Muller, o alumnado de Atención Educativa, estiveron a traballar sobre as mulleres deportistas na historia recente do deporte español. Foi un traballo dirixido pola profesora de Educación Plástica e Visual, Seila Acuña, que aquí vos deixamos para compartilo con vós.



venres, 13 de marzo de 2015

ENTREVISTA A LUIS PÉREZ, SECRETARIO DO REAL CLUB NÁUTICO RODEIRA



Onte, xoves 12 de marzo, o equipo de 1ºB, Os amantes do deportes, entrevistaron a Luis Pérez, secretario do Real Club Náutico Rodeira.  Un club con mais de 300 socios e que traballa en 3 disciplinas deportivas:



      • A vela
      • O piragüismo
      • Kayak polo
Luis achegounos ao mundo dos deportes náuticos, que tantos logros ten acadados nas súas diferentes disciplinas.



ENTREVISTA A XOSÉ PEREIRO DO CLUB COLUMBÓFILO POMBAS DO MORRAZO




O equipo de 1ºA, Distrito 11, entrevistaron o martes 10 de marzo, a Xosé Pereiro do Club Columbófilo Pombas do Morrazo.

Unha entrevista moi interesante onde descubrimos o mundo do adestramento das pombas mensaxeiras, xa que neste caso as deportistas son as pombas.  Os coidados, os campionatos,... todo unha experiencia.


ENTREVISTA A ANTÍA PIÑEIRO


O equipo CALM de 1º B, entrevistou a Antía Piñeiro, xogadora do Club Balonmán Cangas e que formou parte da selección galega fiminina, na categoría infantil, no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas, acadando a medalla de  ouro.

Na entrevista contou a súa experiencia como seleccionada autonómica no recente Campionato de España, destacando a boa convivencia que houbo entre as xogadoras.

xoves, 12 de marzo de 2015

SOLANGE PEREIRA E A PERSPECTIVA FIMININA NO DEPORTE DE ÉLITE




Solange Pereira, atleta do Club Terra i Mar de Valencia, afincada en Cangas estivo no noso centro para reflexionar sobre a situación da muller nos deportes de élite:  apoio dende os clubs, impacto dos seus logros nos medios de comunicación, salario,...

Foi unha charla coloquio moi interesante na que o alumnado de 1º ESO aproveitou para facerlle moitas preguntas a Solange sobre a súa disciplina deportiva, a súa carreira deportiva e a súa visión como muller que vive do deporte.

martes, 10 de marzo de 2015

REFLEXIONAMOS SOBRE MULLER E DEPORTE

Co gallo de conmemoración do Día da Muller, mañá mércores, 11 de marzo, organizamos unha charla coloquio, sobre Muller e Deporte, para o alumnado de 1º ESO, con dúas partes diferenciadas:


Na primeira, Paula Tenorio, responsable do centro de Información á Muller Concello de Cangas, fará un repaso polas mulleres no deporte en Cangas, con dous audiovisuais.


Na 2ª parte, contaremos coa presencia de Solange Pereira, atleta que adestrou durante un tempo no Club Vila de Cangas e que recentemente se proclamou campeona de España en 1.500 m. lisos en pista cuberta. De feito, foi galardoanada como a mellor deportista fiminina do 2014 na Gala do Deporte da Fundación Cangas Deporte. Con ela reflexionaremos sobre o papel da muller no deporte, a discriminación que sofre a nivel económico, nos medios de comunicación, etc.





martes, 3 de marzo de 2015

XA TEMOS CABECEIRA PARA O BLOG

Hoxe martes, 3 de marzo, no recreo, fixemos a votación entre as propostas do alumnado de 1º para escoller a cabeceira do blog.  A proposta gañadora foi a de Inés Villamor Nores de 1º A.  

NORABOA!!  Gracias a todas e todos por participar.



luns, 2 de marzo de 2015

ENTREVISTA AO SENDEIRISMO MORRAZO CLUB




O equipo, Distrito 11 , entrevistou hoxe, luns 2 de marzo, a Gerardo García Rial, presidente do Club Senderismo Morrazo.  Na conversa con Gerardo achegámonos aos obxectivos do Club de dar a coñecer e coidar o patrimonio natural, non só do Morrazo senón de toda Galicia.  Ademais, quedamos emprazados para que a finais de curso fagamos un roteiro con todo o alumnado de 1º.