Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


xoves, 17 de decembro de 2015

NORABOA A TODAS E TODOS!!!

GAÑAMOS UN PREMIO POLO TRABALLO REALIZADO SOBRE O DEPORTE LOCAL

Hoxe volvimos xuntarnos de novo todo o alumnado que o curso pasado traballamos sobre o deporte local.  Foi para celebrar o premio que nos deron no II Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados dende a Biblioteca Escolar, durante o curso 2014-15.

Despois dun curso traballando arreo, decidimos presentarnos ao concurso e GAÑAMOS.  Sempre está ben que lle recoñezan a un o traballo.  Anima a seguir traballando.

É importante destacar a colaboración dos clubs deportivos do Concello de Cangas, que se prestaron a ser entrevistados, a deixarnos participar dos seus adestramentos, vir ao centro a charlar sobre o seu club e o seu deporte; aos deportistas que, a título individual, compartiron con nós os seus éxitos  (Solange Pereira, Luis Paredes,...); á Fundación Cangas Deporte, que sempre estivo cando lle pedimos axuda; tamén ao alumnado do centro que ven destacando nalgunha modalidade deportiva e que foi entrevistado polos compañeiros de 1º de ESO; ao profesorado que coordinou este traballo e ao que colaborou  con nós; ao alumnado de 1º, protagonistas sen dúbida do traballo, que se involucraron para coñecer mellor e dar a coñecer o deporte e os clubs deportivos de Cangas.

Aquí vos deixamos un foto con todas e todos os protagonistas.


PARABENS!!!


martes, 23 de xuño de 2015

RUTA DE SENDEIRISMO

O 15 de  xuño como remate do noso traballo, fixemos un ruta de sendeirismo guíados por Gerardo García, do Sendeirismo Club do Morrazo. Saímos do instituto e percorremos os montes de Liboreiro, dende onde contemplamos unha vistas magníficas da ría de Vigo, os Montes Xemelgos e voltamos ao instituto.  Foron 3 horas de camiñata moi agradables gracias a Gerardo, que tan amablemente nos acompañou.

Bo verán para todos e todas!!



View post on imgur.com

domingo, 31 de maio de 2015

O ALUMNADO DE 1º ESO VISITA AS INSTALACIÓNS DO CLUB DE REMO VILA DE CANGAS

Xa estamos chegando ao final de curso!!!

As actividades se multiplican.  Esta semana o alumando de 1º ESO, achegouse a coñecer as instalacións do Club de Remo Vila de Cangas, e experimentaron como era un adestramento, na nave e no mar.

TODA UNHA EXPERIENCIA.

Aquí vos deixamos as fotos para compartir a experiencia con vós.


luns, 27 de abril de 2015

ENTREVISTAMOS A BRAIS GUARDADO




O equipo de 1ºA, The Blue Team, entrevistou a Brais Guardado Collazo, de 2ºA, polos seus éxitos acadados como taekwondista do Club Sares - TKD:

.- Bronce no Campionato de España, categoría cadete
.- Prata no Open Internacional de España, categoría cadete.

Ademais, Brais practica remo, onde tamén destaca e foi nominado para mellor deportista cangués na modalidade remo pola Fundación Cangas Deporte.

Todo isto foi abordado na entrevista que lle fixeron hoxe Paula Santos, Braian, Hugo e Emilio, como podedes ver na fotografía.  De todo darán boa conta no artigo que farán para a revista do centro.

Agradecemos a Brais a súa colaboración.

domingo, 26 de abril de 2015

ARQUIVO FOTOGRÁFICO DO CLUB VOLEIBOL MANIOTAS

O Club Voleibol Maniotas fíxonos chegar o seu arquivo fotográfico.  Aquí o compartimos con todos vós.

Moitas gracias por compartir a vosa historia con nós e enriquecer o noso traballo.



Fotos Voleibol Maniotas

martes, 21 de abril de 2015

DANIEL CALVAR, PREMIADO NO CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PROBAS COMBINADAS



Outro atleta do Club de Atletismo Vila de Cangas e alumno do centro, Daniel Calvar de 3º ESO A, logrou o 1º posto no Campionato de Galicia de Probas Combinadas na categoría cadete, en concreto no Octlathón masculino.  

Con este trunfo, Dani revalida o título de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas.

Agradecemos a Daniel que nos cedera as seguintes fotografías da súa participación no Campionato e que o levou a acadar o metal dourado.




Fotos Daniel Calvar

mércores, 15 de abril de 2015

LUIS PAREDES, PRATA NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN

Temos que felicitar unha vez mais a Luis Paredes Coya, deportista do Club Triatlón Morrazo, pola súa medalla de prata na categoría 40-45 anos no Campeonato de España de Duatlón de Grupos de Idade que se celebrou en Soria.

O deportista cangués que estivo no noso centro a principios de curso para falarnos do triatlón e duatlón, participará no Campeonato de Europa dentro dunhas semanas.

Na foto, vemos a Luis con Belén Lemat, do Club Fluvial Lugo que tamén acadou unha cuarta praza na súa categoría.

NORABOA AOS DOUS!!!






FONTE: Faro de Vigo

luns, 13 de abril de 2015

OUTRO PREMIO PARA BRAIS GUARDADO

Outra vez mais, Brais Guardado, alumno deste centro, de 2ºESO B, acadou o podio.

Nesta ocasión, foi durante a celebración do Open Internacional de España que se celebrou días atrás na cidade de Pontevedra.








O taekwondista do Club Sares TKD, logrou a medalla de prata na categoría cadete.


NORABOA!!!

xoves, 26 de marzo de 2015

PARABÉNS A BRAIS GUARDADO

Outra vez temos que felicitar a un alumno do centro polos sus logros no deporte.

Nesta ocasión, felicitamos a Brais Guardado, pola súa medalla de bronce no Campeonato de España de Taekwondo, na categoría cadete.



Nas vindeiras semanas esperamos facerlle unha entrevista para que nos conte a súa experiencia.

NORABOA!!







ASISTIMOS A UN ADESTRAMENTO DO BALONMÁN CANGAS


Onte, mércores 25 de marzo, antes de irnos de vacacións de Semana Santa, asistimos a un adestramento do Balonmán Cangas, equipo que compite na Liga ASOBAL, e está sitúado no 4º posto.


Foi unha mañá intensa e emocionante. Óscar, que nos acompañou durante toda a visita, fíxonos sentir estupedamente, contestou a todas as preguntas, facilitou o contacto cos xogadores, co Secretario do Club...


Aproveitamos para entrevistar a Óscar e ao secretario do Club.  Tamén aos xogadores do 1º equipo. Xa temos un montón de información para o noso traballo.

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita.







Si queredes ver mais fotos, podedes ver o FACEBOOK do Club

domingo, 22 de marzo de 2015

MULLERES DEPORTISTAS

Co gallo da conmemoración do Día da Muller, o alumnado de Atención Educativa, estiveron a traballar sobre as mulleres deportistas na historia recente do deporte español. Foi un traballo dirixido pola profesora de Educación Plástica e Visual, Seila Acuña, que aquí vos deixamos para compartilo con vós.



venres, 13 de marzo de 2015

ENTREVISTA A LUIS PÉREZ, SECRETARIO DO REAL CLUB NÁUTICO RODEIRA



Onte, xoves 12 de marzo, o equipo de 1ºB, Os amantes do deportes, entrevistaron a Luis Pérez, secretario do Real Club Náutico Rodeira.  Un club con mais de 300 socios e que traballa en 3 disciplinas deportivas:



      • A vela
      • O piragüismo
      • Kayak polo
Luis achegounos ao mundo dos deportes náuticos, que tantos logros ten acadados nas súas diferentes disciplinas.



ENTREVISTA A XOSÉ PEREIRO DO CLUB COLUMBÓFILO POMBAS DO MORRAZO




O equipo de 1ºA, Distrito 11, entrevistaron o martes 10 de marzo, a Xosé Pereiro do Club Columbófilo Pombas do Morrazo.

Unha entrevista moi interesante onde descubrimos o mundo do adestramento das pombas mensaxeiras, xa que neste caso as deportistas son as pombas.  Os coidados, os campionatos,... todo unha experiencia.


ENTREVISTA A ANTÍA PIÑEIRO


O equipo CALM de 1º B, entrevistou a Antía Piñeiro, xogadora do Club Balonmán Cangas e que formou parte da selección galega fiminina, na categoría infantil, no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas, acadando a medalla de  ouro.

Na entrevista contou a súa experiencia como seleccionada autonómica no recente Campionato de España, destacando a boa convivencia que houbo entre as xogadoras.

xoves, 12 de marzo de 2015

SOLANGE PEREIRA E A PERSPECTIVA FIMININA NO DEPORTE DE ÉLITE




Solange Pereira, atleta do Club Terra i Mar de Valencia, afincada en Cangas estivo no noso centro para reflexionar sobre a situación da muller nos deportes de élite:  apoio dende os clubs, impacto dos seus logros nos medios de comunicación, salario,...

Foi unha charla coloquio moi interesante na que o alumnado de 1º ESO aproveitou para facerlle moitas preguntas a Solange sobre a súa disciplina deportiva, a súa carreira deportiva e a súa visión como muller que vive do deporte.

martes, 10 de marzo de 2015

REFLEXIONAMOS SOBRE MULLER E DEPORTE

Co gallo de conmemoración do Día da Muller, mañá mércores, 11 de marzo, organizamos unha charla coloquio, sobre Muller e Deporte, para o alumnado de 1º ESO, con dúas partes diferenciadas:


Na primeira, Paula Tenorio, responsable do centro de Información á Muller Concello de Cangas, fará un repaso polas mulleres no deporte en Cangas, con dous audiovisuais.


Na 2ª parte, contaremos coa presencia de Solange Pereira, atleta que adestrou durante un tempo no Club Vila de Cangas e que recentemente se proclamou campeona de España en 1.500 m. lisos en pista cuberta. De feito, foi galardoanada como a mellor deportista fiminina do 2014 na Gala do Deporte da Fundación Cangas Deporte. Con ela reflexionaremos sobre o papel da muller no deporte, a discriminación que sofre a nivel económico, nos medios de comunicación, etc.





martes, 3 de marzo de 2015

XA TEMOS CABECEIRA PARA O BLOG

Hoxe martes, 3 de marzo, no recreo, fixemos a votación entre as propostas do alumnado de 1º para escoller a cabeceira do blog.  A proposta gañadora foi a de Inés Villamor Nores de 1º A.  

NORABOA!!  Gracias a todas e todos por participar.



luns, 2 de marzo de 2015

ENTREVISTA AO SENDEIRISMO MORRAZO CLUB




O equipo, Distrito 11 , entrevistou hoxe, luns 2 de marzo, a Gerardo García Rial, presidente do Club Senderismo Morrazo.  Na conversa con Gerardo achegámonos aos obxectivos do Club de dar a coñecer e coidar o patrimonio natural, non só do Morrazo senón de toda Galicia.  Ademais, quedamos emprazados para que a finais de curso fagamos un roteiro con todo o alumnado de 1º.

venres, 27 de febreiro de 2015

ENTREVISTA A CLUB DE TENIS DE CANGAS


O grupo de 1ºB, CARIOVAN, entrevistou onte, xoves 26 de febreiro, ao Presidente do Club de Tenis de Cangas, CLUTECA. Con esta entrevista, o alumnado pudo coñecer de 1ª mán a realidade deste Club: xogadores destacados, instalacións que utilizan, socios,  proxectos de futuro, dificultades...








xoves, 26 de febreiro de 2015

ESTAMOS BUSCANDO A CABECEIRA PARA O BLOG





Dentro das actividades do Proxecto Interdisciplinar deste curso, a profesora de Educación Plástica e Visual, pediulles ao alumnado de 1º que pensaran nun debuxo, que sería a nosa cabeceira do blog, e que fixera alusión á temática deste ano:
Como chegou a ser Cangas unha Vila Olímpica?

Aquí tedes os traballos que realizou o alumnado. O martes farase unha votación popular para escoller o que será a cabeceira do blog.


xoves, 19 de febreiro de 2015

ENTREVISTA AO CLUB EIXO ATLÁNTICO 4X4

















O equipo XUNTOS PODEMOS de 1º A, entrevistou o venres 13 a Oscar Fernández, do Club Eixo Atlántico 4x4.  Continuamos así como a nosa labor investigadora que, pouco a pouco, vai enchendo os nosos arquivos.

venres, 6 de febreiro de 2015

ENTREVISTA AO CLUB VOLEIBOL MANIOTAS


Hoxe, venres 6 de febreiro, o grupo de 1º A, EQUIPO DEPORTE, entrevistou a Mikel, do Club Voleibol Maniotas.

Na fotografía vemos a Alejandro, Rubén, Paula e Samuel; no centro, aparece Mikel.

A metodoloxía que estamos a seguir é a da entrevista cun guión que previamente preparou o equipo.  A entrevista grábase e logo o equipo ten que transcribila para incorporala ao seu traballo.

Todo isto está sendo posible gracias á colaboración desinteresada dos clubs deportivos de Cangas, que se achegan ao noso centro, para facilitarnos o traballo.

O ALUMNADO DE 1ºB CONTINÚA A SÚA INVESTIGACIÓN


O alumnado de 1ºB continúa a súa investigación sobre o deporte en Cangas.

Onte, xoves 5 de febreiro, unha parte do alumnado estivo na aula transcribindo as entrevistas realizadas ata o momento, como pode verse na fotografía da esquerda.









Mentras, o resto do alumnado, foi á Biblioteca a buscar información sobre as disciplinas deportiva que teñen asignadas.

Ao longo deste 2º trimestre, confiamos en ter completado a búsqueda de información, para no 3º trimestre adicalo á redacción do traballo.

mércores, 4 de febreiro de 2015

O ALUMNADO DE 1ºA INICIA AS SÚAS ENTREVISTAS



O grupo, EQUIPO DEPORTE, de 1ºESO A,  entrevistou onte, mércores 4 de febreiro, a José Luis, coordinador deportivo e fundador do Club Baloncesto Defensores do Morrazo.  Na foto vemos a Alejandro, Samuel, Rubén, José Luis e Paula.

Este club, creado fai 5 anos, está en proceso de crecemento, nunha disciplina deportiva minoritaria no Morrazo, coa excepción de Marín.  Pero son optimistas e esperan poder competir en todas as categorías da base en vindeiras temporadas.


martes, 3 de febreiro de 2015

ENTREVISTA Á AGRUPACIÓN FÚTBOL SALA MORRAZO





Hoxe, martes, 3 de febreiro, o grupo O PODER DO DEPORTE, entrevistou ao Secretario da Agrupación Fútbol Sala Morrazo.  Alfonso Fernández, no centro da imaxe, contounos como se formou o Club fai un ano, as súas dificultades e as aspiracións do Club.  Esta agrupación pretende cubrir un baleiro no deporte en Cangas na disciplina deportiva do Fútbol Sala, sobre todo traballando en formar unha base en todas as categorías.
Alfonso foi alumno deste centro e utiliza o noso ximnasio para os adestramentos dalgún dos seus equipos.
Desexámoslle moita sorte nesta andaina que acaban de iniciar!!!

venres, 30 de xaneiro de 2015

LUIS PAREDES COYA MANTIVO UN ENCONTRO CO ALUMNADO DE 1º ESO


O noso traballo de investigación continúa.  Onte tivemos a sorte de contar con Luis A. Paredes Coya, galardonado na Gala do Deporte 2014 cunha mención especial recoñecendo a súa traxectoria deportiva.  Na foto da esquerda, vemos a Luis recollendo o premio na Gala do Deporte.



Luis foi alumno do noso centro, profesor de Educación Física do noso centro e segue a ser un bo amigo.  Así que nos parecía interesante que viñese a falarlle ao noso alumnado dun deporte tan duro e completo como é o Triatlon, no que el ten acadado grandes premios

.- Campeón de España e Galego de Duatlón, no ano 2013
.- Subcampeón de Mundo e de España de Duatlón, no ano 2014

Ten participado en IROMAN, proba na que acadou o 4º puesto.


Aquí á dereita, vémolo na charla co alumnado, na que explicou a diferencia entre Triatlón e Duatlón; faloulles do IROMAN; do nivel durísimo de entrenamento que se necesita, do equipamento necesario....

En fin, foi todo un orgullo contar cun compañeiro que ven acadando un nivel deportivo tan alto e é unha sorte poder contar con el para vir a contárnolo.

GRACIAS LUIS

mércores, 28 de xaneiro de 2015

ENTREVISTA CO CLUB RÁPIDO BAHÍA





O equipo de 1ºB, O PODER DO DEPORTE, entrevistaron hoxe, mércores 28 de xaneiro, a J. Carlos Bacelar Dios, da directiva do Club de Fútbol Rápido Bahía.  Os alumnos e alumnas, (de esquerda a dereita, Manuel, David, Brais, Jorge e Zaineb) seguindo o guión que tiñan preparado abordaron con J. Carlos  (no centro da foto) a historia do club así como a situación actual.

Queremos agradecer de novo, a colaboración desinteresada dos clubs que incluso se desplazan ao centro para que o alumnado poida manter este encontros.

sábado, 24 de xaneiro de 2015

COMEZAN AS ENTREVISTAS COS CLUBS DEPORTIVOS DE CANGAS






O grupo PETANCAVISA (na foto, de esquerda a dereita, Abdessamad, Diego, Mª Carmen, Pablo, Inés e Borja) de 1ºB entrevistou este venres, 23 de xaneiro, a Mª Carmen Parada Martínez, presidenta do Club de Atletismo Vila de Cangas.  Esta é a primeira das entrevistas que ten previsto facer o alumnado de 1º, para levar a cabo a súa investigación sobre o deporte en Cangas.  Estas entrevistas servirán para completar a busca que se leva a cabo na rede, nos fondos da biblioteca,..
Queremos agradecer aos clubs deportivos a boa acollida que  están dando á nosa petición de colaboración.  Todos os clubs deportivos están a recibir un correo electrónico onde se lles solicita colaboración para o traballo, ben cunha entrevista persoal, ben a través dunha enquisa que se achega por correo electrónico.  Pouco a pouco, iremos concretando encontros cos clubs que accedan a  colaborar con nós.


xoves, 8 de xaneiro de 2015

NORABOA A ANTÍA PIÑEIRO

A alumna deste centro, Antía Piñeiro Iglesias, de 2º ESO A, xogadora do Club Balonmán Cangas, participou este Nadal coa selección galega de balonmán, na categoría Infantil Feminino, no Campeonato de España de Seleccións Autonómicas.
O campionato celebrouse en Oropesa del Mar, Castellón.  A selección galega resultou gañadora do campionato.

MOITAS FELICIDADES!!!




SELECCIÓN GALEGA DE BALONMÁN, INFANTIL FEMININO