GAÑAMOS UN PREMIO POLO TRABALLO REALIZADO SOBRE O DEPORTE LOCAL
Hoxe volvimos xuntarnos de novo todo o alumnado que o curso pasado traballamos sobre o deporte local. Foi para celebrar o premio que nos deron no II Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados dende a Biblioteca Escolar, durante o curso 2014-15.
Despois dun curso traballando arreo, decidimos presentarnos ao concurso e GAÑAMOS. Sempre está ben que lle recoñezan a un o traballo. Anima a seguir traballando.
É importante destacar a colaboración dos clubs deportivos do Concello de Cangas, que se prestaron a ser entrevistados, a deixarnos participar dos seus adestramentos, vir ao centro a charlar sobre o seu club e o seu deporte; aos deportistas que, a título individual, compartiron con nós os seus éxitos (Solange Pereira, Luis Paredes,...); á Fundación Cangas Deporte, que sempre estivo cando lle pedimos axuda; tamén ao alumnado do centro que ven destacando nalgunha modalidade deportiva e que foi entrevistado polos compañeiros de 1º de ESO; ao profesorado que coordinou este traballo e ao que colaborou con nós; ao alumnado de 1º, protagonistas sen dúbida do traballo, que se involucraron para coñecer mellor e dar a coñecer o deporte e os clubs deportivos de Cangas.
PARABENS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario