Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


xoves, 27 de novembro de 2014

UN TÉCNICO DA FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE VEN A AXUDARNOS NA INVESTIGACIÓN

O mércores, 26 de novembro, Marcos Torres, técnico deportivo da Fundación Cangas Deporte, veu ao centro a darnos unha charla de presentación da Fundación.




Sobre todo explicounos como aproveitar a información que está accesible desde a súa páxina web, que xa temos enlazada neste blog, por ser unha fonte de información fundamental para a nosa investigación.

Ademais, dixo que estaba a nosa disposición para calquera cousa que necesitaramos durante o curso.  Así que seguro que volveremos a conta con él!!!

Gracias, Marcos.

mércores, 19 de novembro de 2014

BENVIDOS

Iniciamos unha nova andaina investigadora.  O alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco, no marco do Proxecto Interdisciplinar, vai indagar sobre a historia do deporte en Cangas.

Este Proxecto está coordinado pola Biblioteca Escolar e enmarcado no Proxecto Lector de Centro.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son:

1.- Aprender a cooperar no traballo en equipo, sendo capaz de expresar opinións propias, escoitando as dos demais e chegando a acordos.
2.- Aprender a planificar e organizar un traballo en equipo para desenvolver un tema dado.
3.- Aprender a buscar, seleccionar e organizar información utilizando diversas fontes e soportes, utilizando a biblioteca como recurso básico
4.- Aprender a combinar as novas tecnoloxías cos soportes tradicionais, valorando en cada caso os pros e contras á hora da utilización de cada unha.
5.- Fomentar a creatividade, a iniciativa e a autonomía persoal, tanto na busca de información, como na planificación, desenvolvemento e presentación do traballo proposto.

No Proxecto deste curso imos abordar a historia do deporte en Cangas, en concreto:

 .- Disciplinas deportivas que se practican en Cangas: descrición básica: utensilios, onde se xoga, número de xogadores,  normas básicas
 .- Clubs deportivos que hai en Cangas
 .- Sobre cada club:  ano de fundación, nº de socios, recursos que xestionan, equipos que teñen, xogadores destacados ao longo da súa historia: homes e mulleres

Neste blog pretendemos contarvos o que imos facendo, como o facemos, que atopamos... En definitiva, compartir con vós a nosa experiencia.