Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.
Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15
Ilustración de Inés Villamor
domingo, 28 de decembro de 2014
A FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE ULTIMA A SÚA GALA DO DEPORTE
O Faro de Vigo recolle hoxe, domingo 28 de decembro, os nominados nas diversas categorías como os mellores deportistas do 2014 do deporte cangués. O vindeiro venres, 9 de xaneiro de 2015, terá lugar a undecima Gala do Deporte do Concello de Cangas para recoñecer aos mellores deportistas do 2014.
Entre os nominados temos algúns nomes coñecidos no noso centro: Luis Alberto Paredes Coya, no apartado de recoñecementos especiais, pola súa traxectoria; foi profesor de Educación Física no noso centro fai uns anos. Tamén temos nominados algúns alumnos e alumnas que iremos descubrindo.
Noraboa a todos/as.
mércores, 17 de decembro de 2014
TRABALLANDO EN EQUIPOS EN 1ºB
E aquí están os de 1ºB traballando en grupos cooperativos. Nesta ocasión están elaborando un guión para a entrevista que van facer os clubs deportivos, mediante a estructura de folio xiratorio.
xoves, 11 de decembro de 2014
TRABALLANDO EN EQUIPO EN 1ºA
Os equipos cooperativos de 1ºA (5) estiveron traballando, mediante a estructura folio xiratorio, na elaboración do guión da entrevista que lle van pasar aos clubs que lle correspoderon.
Aquí vos deixo unha mostra fotográfica do traballo na aula.
Aquí vos deixo unha mostra fotográfica do traballo na aula.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)