Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


Amosando publicacións coa etiqueta xeral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xeral. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de decembro de 2015

NORABOA A TODAS E TODOS!!!

GAÑAMOS UN PREMIO POLO TRABALLO REALIZADO SOBRE O DEPORTE LOCAL

Hoxe volvimos xuntarnos de novo todo o alumnado que o curso pasado traballamos sobre o deporte local.  Foi para celebrar o premio que nos deron no II Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados dende a Biblioteca Escolar, durante o curso 2014-15.

Despois dun curso traballando arreo, decidimos presentarnos ao concurso e GAÑAMOS.  Sempre está ben que lle recoñezan a un o traballo.  Anima a seguir traballando.

É importante destacar a colaboración dos clubs deportivos do Concello de Cangas, que se prestaron a ser entrevistados, a deixarnos participar dos seus adestramentos, vir ao centro a charlar sobre o seu club e o seu deporte; aos deportistas que, a título individual, compartiron con nós os seus éxitos  (Solange Pereira, Luis Paredes,...); á Fundación Cangas Deporte, que sempre estivo cando lle pedimos axuda; tamén ao alumnado do centro que ven destacando nalgunha modalidade deportiva e que foi entrevistado polos compañeiros de 1º de ESO; ao profesorado que coordinou este traballo e ao que colaborou  con nós; ao alumnado de 1º, protagonistas sen dúbida do traballo, que se involucraron para coñecer mellor e dar a coñecer o deporte e os clubs deportivos de Cangas.

Aquí vos deixamos un foto con todas e todos os protagonistas.


PARABENS!!!


venres, 6 de febreiro de 2015

O ALUMNADO DE 1ºB CONTINÚA A SÚA INVESTIGACIÓN


O alumnado de 1ºB continúa a súa investigación sobre o deporte en Cangas.

Onte, xoves 5 de febreiro, unha parte do alumnado estivo na aula transcribindo as entrevistas realizadas ata o momento, como pode verse na fotografía da esquerda.









Mentras, o resto do alumnado, foi á Biblioteca a buscar información sobre as disciplinas deportiva que teñen asignadas.

Ao longo deste 2º trimestre, confiamos en ter completado a búsqueda de información, para no 3º trimestre adicalo á redacción do traballo.

xoves, 27 de novembro de 2014

UN TÉCNICO DA FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE VEN A AXUDARNOS NA INVESTIGACIÓN

O mércores, 26 de novembro, Marcos Torres, técnico deportivo da Fundación Cangas Deporte, veu ao centro a darnos unha charla de presentación da Fundación.




Sobre todo explicounos como aproveitar a información que está accesible desde a súa páxina web, que xa temos enlazada neste blog, por ser unha fonte de información fundamental para a nosa investigación.

Ademais, dixo que estaba a nosa disposición para calquera cousa que necesitaramos durante o curso.  Así que seguro que volveremos a conta con él!!!

Gracias, Marcos.

mércores, 19 de novembro de 2014

BENVIDOS

Iniciamos unha nova andaina investigadora.  O alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco, no marco do Proxecto Interdisciplinar, vai indagar sobre a historia do deporte en Cangas.

Este Proxecto está coordinado pola Biblioteca Escolar e enmarcado no Proxecto Lector de Centro.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son:

1.- Aprender a cooperar no traballo en equipo, sendo capaz de expresar opinións propias, escoitando as dos demais e chegando a acordos.
2.- Aprender a planificar e organizar un traballo en equipo para desenvolver un tema dado.
3.- Aprender a buscar, seleccionar e organizar información utilizando diversas fontes e soportes, utilizando a biblioteca como recurso básico
4.- Aprender a combinar as novas tecnoloxías cos soportes tradicionais, valorando en cada caso os pros e contras á hora da utilización de cada unha.
5.- Fomentar a creatividade, a iniciativa e a autonomía persoal, tanto na busca de información, como na planificación, desenvolvemento e presentación do traballo proposto.

No Proxecto deste curso imos abordar a historia do deporte en Cangas, en concreto:

 .- Disciplinas deportivas que se practican en Cangas: descrición básica: utensilios, onde se xoga, número de xogadores,  normas básicas
 .- Clubs deportivos que hai en Cangas
 .- Sobre cada club:  ano de fundación, nº de socios, recursos que xestionan, equipos que teñen, xogadores destacados ao longo da súa historia: homes e mulleres

Neste blog pretendemos contarvos o que imos facendo, como o facemos, que atopamos... En definitiva, compartir con vós a nosa experiencia.