Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.
Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15
Ilustración de Inés Villamor
Etiquetas
Amosando publicacións coa etiqueta entrevistas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entrevistas b>. Amosar todas as publicacións
luns, 27 de abril de 2015
ENTREVISTAMOS A BRAIS GUARDADO
O equipo de 1ºA, The Blue Team, entrevistou a Brais Guardado Collazo, de 2ºA, polos seus éxitos acadados como taekwondista do Club Sares - TKD:
.- Bronce no Campionato de España, categoría cadete
.- Prata no Open Internacional de España, categoría cadete.
Ademais, Brais practica remo, onde tamén destaca e foi nominado para mellor deportista cangués na modalidade remo pola Fundación Cangas Deporte.
Todo isto foi abordado na entrevista que lle fixeron hoxe Paula Santos, Braian, Hugo e Emilio, como podedes ver na fotografía. De todo darán boa conta no artigo que farán para a revista do centro.
Agradecemos a Brais a súa colaboración.
xoves, 26 de marzo de 2015
ASISTIMOS A UN ADESTRAMENTO DO BALONMÁN CANGAS

Onte, mércores 25 de marzo, antes de irnos de vacacións de Semana Santa, asistimos a un adestramento do Balonmán Cangas, equipo que compite na Liga ASOBAL, e está sitúado no 4º posto.
Foi unha mañá intensa e emocionante. Óscar, que nos acompañou durante toda a visita, fíxonos sentir estupedamente, contestou a todas as preguntas, facilitou o contacto cos xogadores, co Secretario do Club...
Aproveitamos para entrevistar a Óscar e ao secretario do Club. Tamén aos xogadores do 1º equipo. Xa temos un montón de información para o noso traballo.
Aquí vos deixamos unhas fotos da visita.
Si queredes ver mais fotos, podedes ver o FACEBOOK do Club
venres, 13 de marzo de 2015
ENTREVISTA A LUIS PÉREZ, SECRETARIO DO REAL CLUB NÁUTICO RODEIRA
Onte, xoves 12 de marzo, o equipo de 1ºB, Os amantes do deportes, entrevistaron a Luis Pérez, secretario do Real Club Náutico Rodeira. Un club con mais de 300 socios e que traballa en 3 disciplinas deportivas:

- A vela
- O piragüismo
- Kayak polo
ENTREVISTA A XOSÉ PEREIRO DO CLUB COLUMBÓFILO POMBAS DO MORRAZO
O equipo de 1ºA, Distrito 11, entrevistaron o martes 10 de marzo, a Xosé Pereiro do Club Columbófilo Pombas do Morrazo.
Unha entrevista moi interesante onde descubrimos o mundo do adestramento das pombas mensaxeiras, xa que neste caso as deportistas son as pombas. Os coidados, os campionatos,... todo unha experiencia.
luns, 2 de marzo de 2015
ENTREVISTA AO SENDEIRISMO MORRAZO CLUB
O equipo, Distrito 11 , entrevistou hoxe, luns 2 de marzo, a Gerardo García Rial, presidente do Club Senderismo Morrazo. Na conversa con Gerardo achegámonos aos obxectivos do Club de dar a coñecer e coidar o patrimonio natural, non só do Morrazo senón de toda Galicia. Ademais, quedamos emprazados para que a finais de curso fagamos un roteiro con todo o alumnado de 1º.
venres, 27 de febreiro de 2015
ENTREVISTA A CLUB DE TENIS DE CANGAS
O grupo de 1ºB, CARIOVAN, entrevistou onte, xoves 26 de febreiro, ao Presidente do Club de Tenis de Cangas, CLUTECA. Con esta entrevista, o alumnado pudo coñecer de 1ª mán a realidade deste Club: xogadores destacados, instalacións que utilizan, socios, proxectos de futuro, dificultades...
xoves, 19 de febreiro de 2015
ENTREVISTA AO CLUB EIXO ATLÁNTICO 4X4
O equipo XUNTOS PODEMOS de 1º A, entrevistou o venres 13 a Oscar Fernández, do Club Eixo Atlántico 4x4. Continuamos así como a nosa labor investigadora que, pouco a pouco, vai enchendo os nosos arquivos.
venres, 6 de febreiro de 2015
ENTREVISTA AO CLUB VOLEIBOL MANIOTAS
Hoxe, venres 6 de febreiro, o grupo de 1º A, EQUIPO DEPORTE, entrevistou a Mikel, do Club Voleibol Maniotas.
Na fotografía vemos a Alejandro, Rubén, Paula e Samuel; no centro, aparece Mikel.
A metodoloxía que estamos a seguir é a da entrevista cun guión que previamente preparou o equipo. A entrevista grábase e logo o equipo ten que transcribila para incorporala ao seu traballo.
Todo isto está sendo posible gracias á colaboración desinteresada dos clubs deportivos de Cangas, que se achegan ao noso centro, para facilitarnos o traballo.
mércores, 28 de xaneiro de 2015
ENTREVISTA CO CLUB RÁPIDO BAHÍA
O equipo de 1ºB, O PODER DO DEPORTE, entrevistaron hoxe, mércores 28 de xaneiro, a J. Carlos Bacelar Dios, da directiva do Club de Fútbol Rápido Bahía. Os alumnos e alumnas, (de esquerda a dereita, Manuel, David, Brais, Jorge e Zaineb) seguindo o guión que tiñan preparado abordaron con J. Carlos (no centro da foto) a historia do club así como a situación actual.
Queremos agradecer de novo, a colaboración desinteresada dos clubs que incluso se desplazan ao centro para que o alumnado poida manter este encontros.
sábado, 24 de xaneiro de 2015
COMEZAN AS ENTREVISTAS COS CLUBS DEPORTIVOS DE CANGAS
O grupo PETANCAVISA (na foto, de esquerda a dereita, Abdessamad, Diego, Mª Carmen, Pablo, Inés e Borja) de 1ºB entrevistou este venres, 23 de xaneiro, a Mª Carmen Parada Martínez, presidenta do Club de Atletismo Vila de Cangas. Esta é a primeira das entrevistas que ten previsto facer o alumnado de 1º, para levar a cabo a súa investigación sobre o deporte en Cangas. Estas entrevistas servirán para completar a busca que se leva a cabo na rede, nos fondos da biblioteca,..
Queremos agradecer aos clubs deportivos a boa acollida que están dando á nosa petición de colaboración. Todos os clubs deportivos están a recibir un correo electrónico onde se lles solicita colaboración para o traballo, ben cunha entrevista persoal, ben a través dunha enquisa que se achega por correo electrónico. Pouco a pouco, iremos concretando encontros cos clubs que accedan a colaborar con nós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




