O noso traballo de investigación continúa. Onte tivemos a sorte de contar con Luis A. Paredes Coya, galardonado na Gala do Deporte 2014 cunha mención especial recoñecendo a súa traxectoria deportiva. Na foto da esquerda, vemos a Luis recollendo o premio na Gala do Deporte.
Luis foi alumno do noso centro, profesor de Educación Física do noso centro e segue a ser un bo amigo. Así que nos parecía interesante que viñese a falarlle ao noso alumnado dun deporte tan duro e completo como é o Triatlon, no que el ten acadado grandes premios:
.- Campeón de España e Galego de Duatlón, no ano 2013
.- Subcampeón de Mundo e de España de Duatlón, no ano 2014
Ten participado en IROMAN, proba na que acadou o 4º puesto.
Aquí á dereita, vémolo na charla co alumnado, na que explicou a diferencia entre Triatlón e Duatlón; faloulles do IROMAN; do nivel durísimo de entrenamento que se necesita, do equipamento necesario....
En fin, foi todo un orgullo contar cun compañeiro que ven acadando un nivel deportivo tan alto e é unha sorte poder contar con el para vir a contárnolo.
GRACIAS LUIS
Ningún comentario:
Publicar un comentario