Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


xoves, 17 de decembro de 2015

NORABOA A TODAS E TODOS!!!

GAÑAMOS UN PREMIO POLO TRABALLO REALIZADO SOBRE O DEPORTE LOCAL

Hoxe volvimos xuntarnos de novo todo o alumnado que o curso pasado traballamos sobre o deporte local.  Foi para celebrar o premio que nos deron no II Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados dende a Biblioteca Escolar, durante o curso 2014-15.

Despois dun curso traballando arreo, decidimos presentarnos ao concurso e GAÑAMOS.  Sempre está ben que lle recoñezan a un o traballo.  Anima a seguir traballando.

É importante destacar a colaboración dos clubs deportivos do Concello de Cangas, que se prestaron a ser entrevistados, a deixarnos participar dos seus adestramentos, vir ao centro a charlar sobre o seu club e o seu deporte; aos deportistas que, a título individual, compartiron con nós os seus éxitos  (Solange Pereira, Luis Paredes,...); á Fundación Cangas Deporte, que sempre estivo cando lle pedimos axuda; tamén ao alumnado do centro que ven destacando nalgunha modalidade deportiva e que foi entrevistado polos compañeiros de 1º de ESO; ao profesorado que coordinou este traballo e ao que colaborou  con nós; ao alumnado de 1º, protagonistas sen dúbida do traballo, que se involucraron para coñecer mellor e dar a coñecer o deporte e os clubs deportivos de Cangas.

Aquí vos deixamos un foto con todas e todos os protagonistas.


PARABENS!!!