O 15 de xuño como remate do noso traballo, fixemos un ruta de sendeirismo guíados por Gerardo García, do Sendeirismo Club do Morrazo. Saímos do instituto e percorremos os montes de Liboreiro, dende onde contemplamos unha vistas magníficas da ría de Vigo, os Montes Xemelgos e voltamos ao instituto. Foron 3 horas de camiñata moi agradables gracias a Gerardo, que tan amablemente nos acompañou.
Bo verán para todos e todas!!
View post on imgur.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario