O mércores, 26 de novembro, Marcos Torres, técnico deportivo da Fundación Cangas Deporte, veu ao centro a darnos unha charla de presentación da Fundación.
Sobre todo explicounos como aproveitar a información que está accesible desde a súa páxina web, que xa temos enlazada neste blog, por ser unha fonte de información fundamental para a nosa investigación.
Ademais, dixo que estaba a nosa disposición para calquera cousa que necesitaramos durante o curso. Así que seguro que volveremos a conta con él!!!
Gracias, Marcos.
Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.
Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15
Ilustración de Inés Villamor
xoves, 27 de novembro de 2014
mércores, 19 de novembro de 2014
BENVIDOS
Iniciamos unha nova andaina investigadora. O alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco, no marco do Proxecto Interdisciplinar, vai indagar sobre a historia do deporte en Cangas.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son:
1.- Aprender a cooperar no traballo en equipo, sendo
capaz de expresar opinións propias, escoitando as dos demais e chegando a
acordos.
2.- Aprender a planificar e organizar un traballo en
equipo para desenvolver un tema dado.
3.- Aprender a buscar, seleccionar e organizar
información utilizando diversas fontes e soportes, utilizando a biblioteca como
recurso básico
4.- Aprender a combinar as novas tecnoloxías cos
soportes tradicionais, valorando en cada caso os pros e contras á hora da
utilización de cada unha.
5.- Fomentar a creatividade, a iniciativa e a
autonomía persoal, tanto na busca de información, como na planificación,
desenvolvemento e presentación do traballo proposto.
No Proxecto deste curso imos abordar a historia do deporte en Cangas, en concreto:
.- Disciplinas deportivas que se practican en Cangas: descrición básica:
utensilios, onde se xoga, número de xogadores,
normas básicas
.- Clubs deportivos que hai en Cangas
.- Sobre cada club: ano de fundación, nº de socios, recursos que
xestionan, equipos que teñen, xogadores destacados ao longo da súa historia:
homes e mulleres
Neste blog pretendemos contarvos o que imos facendo, como o facemos, que atopamos... En definitiva, compartir con vós a nosa experiencia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)