Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


luns, 27 de abril de 2015

ENTREVISTAMOS A BRAIS GUARDADO




O equipo de 1ºA, The Blue Team, entrevistou a Brais Guardado Collazo, de 2ºA, polos seus éxitos acadados como taekwondista do Club Sares - TKD:

.- Bronce no Campionato de España, categoría cadete
.- Prata no Open Internacional de España, categoría cadete.

Ademais, Brais practica remo, onde tamén destaca e foi nominado para mellor deportista cangués na modalidade remo pola Fundación Cangas Deporte.

Todo isto foi abordado na entrevista que lle fixeron hoxe Paula Santos, Braian, Hugo e Emilio, como podedes ver na fotografía.  De todo darán boa conta no artigo que farán para a revista do centro.

Agradecemos a Brais a súa colaboración.

domingo, 26 de abril de 2015

ARQUIVO FOTOGRÁFICO DO CLUB VOLEIBOL MANIOTAS

O Club Voleibol Maniotas fíxonos chegar o seu arquivo fotográfico.  Aquí o compartimos con todos vós.

Moitas gracias por compartir a vosa historia con nós e enriquecer o noso traballo.



Fotos Voleibol Maniotas

martes, 21 de abril de 2015

DANIEL CALVAR, PREMIADO NO CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PROBAS COMBINADAS



Outro atleta do Club de Atletismo Vila de Cangas e alumno do centro, Daniel Calvar de 3º ESO A, logrou o 1º posto no Campionato de Galicia de Probas Combinadas na categoría cadete, en concreto no Octlathón masculino.  

Con este trunfo, Dani revalida o título de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas.

Agradecemos a Daniel que nos cedera as seguintes fotografías da súa participación no Campionato e que o levou a acadar o metal dourado.




Fotos Daniel Calvar

mércores, 15 de abril de 2015

LUIS PAREDES, PRATA NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN

Temos que felicitar unha vez mais a Luis Paredes Coya, deportista do Club Triatlón Morrazo, pola súa medalla de prata na categoría 40-45 anos no Campeonato de España de Duatlón de Grupos de Idade que se celebrou en Soria.

O deportista cangués que estivo no noso centro a principios de curso para falarnos do triatlón e duatlón, participará no Campeonato de Europa dentro dunhas semanas.

Na foto, vemos a Luis con Belén Lemat, do Club Fluvial Lugo que tamén acadou unha cuarta praza na súa categoría.

NORABOA AOS DOUS!!!






FONTE: Faro de Vigo

luns, 13 de abril de 2015

OUTRO PREMIO PARA BRAIS GUARDADO

Outra vez mais, Brais Guardado, alumno deste centro, de 2ºESO B, acadou o podio.

Nesta ocasión, foi durante a celebración do Open Internacional de España que se celebrou días atrás na cidade de Pontevedra.








O taekwondista do Club Sares TKD, logrou a medalla de prata na categoría cadete.


NORABOA!!!