Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


domingo, 28 de decembro de 2014

A FUNDACIÓN CANGAS DEPORTE ULTIMA A SÚA GALA DO DEPORTE



O Faro de Vigo recolle hoxe, domingo 28 de decembro, os nominados nas diversas categorías como os mellores deportistas do 2014 do deporte cangués.  O vindeiro venres, 9 de xaneiro de 2015, terá lugar a undecima Gala do Deporte do Concello de Cangas para recoñecer aos mellores deportistas do 2014.

Entre os nominados temos algúns nomes coñecidos no noso centro:  Luis Alberto Paredes Coya, no apartado de recoñecementos especiais, pola súa traxectoria; foi profesor de Educación Física no noso centro fai uns anos.  Tamén temos nominados algúns alumnos e alumnas que iremos descubrindo.
Noraboa a todos/as.

mércores, 17 de decembro de 2014

TRABALLANDO EN EQUIPOS EN 1ºB

E aquí están os de 1ºB traballando en grupos cooperativos.  Nesta ocasión están elaborando un guión para a entrevista que van facer os clubs deportivos, mediante a estructura de folio xiratorio.


xoves, 11 de decembro de 2014

TRABALLANDO EN EQUIPO EN 1ºA

Os equipos cooperativos de 1ºA  (5) estiveron traballando, mediante a estructura folio xiratorio, na elaboración do guión da entrevista que lle van pasar aos clubs que lle correspoderon.

Aquí vos deixo unha mostra fotográfica do traballo na aula.