Os obxectivos que se pretenden conseguir son:
1.- Aprender a cooperar no traballo en equipo, sendo
capaz de expresar opinións propias, escoitando as dos demais e chegando a
acordos.
2.- Aprender a planificar e organizar un traballo en
equipo para desenvolver un tema dado.
3.- Aprender a buscar, seleccionar e organizar
información utilizando diversas fontes e soportes, utilizando a biblioteca como
recurso básico
4.- Aprender a combinar as novas tecnoloxías cos
soportes tradicionais, valorando en cada caso os pros e contras á hora da
utilización de cada unha.
5.- Fomentar a creatividade, a iniciativa e a
autonomía persoal, tanto na busca de información, como na planificación,
desenvolvemento e presentación do traballo proposto.
No Proxecto deste curso imos abordar a historia do deporte en Cangas, en concreto:
.- Disciplinas deportivas que se practican en Cangas: descrición básica:
utensilios, onde se xoga, número de xogadores,
normas básicas
.- Clubs deportivos que hai en Cangas
.- Sobre cada club: ano de fundación, nº de socios, recursos que
xestionan, equipos que teñen, xogadores destacados ao longo da súa historia:
homes e mulleres
Neste blog pretendemos contarvos o que imos facendo, como o facemos, que atopamos... En definitiva, compartir con vós a nosa experiencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario