Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


xoves, 17 de decembro de 2015

NORABOA A TODAS E TODOS!!!

GAÑAMOS UN PREMIO POLO TRABALLO REALIZADO SOBRE O DEPORTE LOCAL

Hoxe volvimos xuntarnos de novo todo o alumnado que o curso pasado traballamos sobre o deporte local.  Foi para celebrar o premio que nos deron no II Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados dende a Biblioteca Escolar, durante o curso 2014-15.

Despois dun curso traballando arreo, decidimos presentarnos ao concurso e GAÑAMOS.  Sempre está ben que lle recoñezan a un o traballo.  Anima a seguir traballando.

É importante destacar a colaboración dos clubs deportivos do Concello de Cangas, que se prestaron a ser entrevistados, a deixarnos participar dos seus adestramentos, vir ao centro a charlar sobre o seu club e o seu deporte; aos deportistas que, a título individual, compartiron con nós os seus éxitos  (Solange Pereira, Luis Paredes,...); á Fundación Cangas Deporte, que sempre estivo cando lle pedimos axuda; tamén ao alumnado do centro que ven destacando nalgunha modalidade deportiva e que foi entrevistado polos compañeiros de 1º de ESO; ao profesorado que coordinou este traballo e ao que colaborou  con nós; ao alumnado de 1º, protagonistas sen dúbida do traballo, que se involucraron para coñecer mellor e dar a coñecer o deporte e os clubs deportivos de Cangas.

Aquí vos deixamos un foto con todas e todos os protagonistas.


PARABENS!!!


martes, 23 de xuño de 2015

RUTA DE SENDEIRISMO

O 15 de  xuño como remate do noso traballo, fixemos un ruta de sendeirismo guíados por Gerardo García, do Sendeirismo Club do Morrazo. Saímos do instituto e percorremos os montes de Liboreiro, dende onde contemplamos unha vistas magníficas da ría de Vigo, os Montes Xemelgos e voltamos ao instituto.  Foron 3 horas de camiñata moi agradables gracias a Gerardo, que tan amablemente nos acompañou.

Bo verán para todos e todas!!



View post on imgur.com

domingo, 31 de maio de 2015

O ALUMNADO DE 1º ESO VISITA AS INSTALACIÓNS DO CLUB DE REMO VILA DE CANGAS

Xa estamos chegando ao final de curso!!!

As actividades se multiplican.  Esta semana o alumando de 1º ESO, achegouse a coñecer as instalacións do Club de Remo Vila de Cangas, e experimentaron como era un adestramento, na nave e no mar.

TODA UNHA EXPERIENCIA.

Aquí vos deixamos as fotos para compartir a experiencia con vós.


luns, 27 de abril de 2015

ENTREVISTAMOS A BRAIS GUARDADO




O equipo de 1ºA, The Blue Team, entrevistou a Brais Guardado Collazo, de 2ºA, polos seus éxitos acadados como taekwondista do Club Sares - TKD:

.- Bronce no Campionato de España, categoría cadete
.- Prata no Open Internacional de España, categoría cadete.

Ademais, Brais practica remo, onde tamén destaca e foi nominado para mellor deportista cangués na modalidade remo pola Fundación Cangas Deporte.

Todo isto foi abordado na entrevista que lle fixeron hoxe Paula Santos, Braian, Hugo e Emilio, como podedes ver na fotografía.  De todo darán boa conta no artigo que farán para a revista do centro.

Agradecemos a Brais a súa colaboración.

domingo, 26 de abril de 2015

ARQUIVO FOTOGRÁFICO DO CLUB VOLEIBOL MANIOTAS

O Club Voleibol Maniotas fíxonos chegar o seu arquivo fotográfico.  Aquí o compartimos con todos vós.

Moitas gracias por compartir a vosa historia con nós e enriquecer o noso traballo.



Fotos Voleibol Maniotas

martes, 21 de abril de 2015

DANIEL CALVAR, PREMIADO NO CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PROBAS COMBINADAS



Outro atleta do Club de Atletismo Vila de Cangas e alumno do centro, Daniel Calvar de 3º ESO A, logrou o 1º posto no Campionato de Galicia de Probas Combinadas na categoría cadete, en concreto no Octlathón masculino.  

Con este trunfo, Dani revalida o título de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas.

Agradecemos a Daniel que nos cedera as seguintes fotografías da súa participación no Campionato e que o levou a acadar o metal dourado.




Fotos Daniel Calvar

mércores, 15 de abril de 2015

LUIS PAREDES, PRATA NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN

Temos que felicitar unha vez mais a Luis Paredes Coya, deportista do Club Triatlón Morrazo, pola súa medalla de prata na categoría 40-45 anos no Campeonato de España de Duatlón de Grupos de Idade que se celebrou en Soria.

O deportista cangués que estivo no noso centro a principios de curso para falarnos do triatlón e duatlón, participará no Campeonato de Europa dentro dunhas semanas.

Na foto, vemos a Luis con Belén Lemat, do Club Fluvial Lugo que tamén acadou unha cuarta praza na súa categoría.

NORABOA AOS DOUS!!!






FONTE: Faro de Vigo