O equipo de 1ºA,
The Blue Team, entrevistou a
Brais Guardado Collazo, de 2ºA, polos seus éxitos acadados como taekwondista do
Club Sares - TKD:
.- Bronce no Campionato de España, categoría cadete
.- Prata no Open Internacional de España, categoría cadete.
Ademais, Brais practica remo, onde tamén destaca e foi nominado para mellor deportista cangués na modalidade remo pola Fundación Cangas Deporte.
Todo isto foi abordado na entrevista que lle fixeron hoxe Paula Santos, Braian, Hugo e Emilio, como podedes ver na fotografía. De todo darán boa conta no artigo que farán para a revista do centro.
Agradecemos a Brais a súa colaboración.