Proxecto de investigación sobre a historia do deporte local.

Historia do deporte local en Cangas. Proxecto de investigación do alumnado de 1º de ESO do IES Monte Carrasco durante o curso 2014-15

Ilustración de Inés Villamor


xoves, 26 de marzo de 2015

PARABÉNS A BRAIS GUARDADO

Outra vez temos que felicitar a un alumno do centro polos sus logros no deporte.

Nesta ocasión, felicitamos a Brais Guardado, pola súa medalla de bronce no Campeonato de España de Taekwondo, na categoría cadete.



Nas vindeiras semanas esperamos facerlle unha entrevista para que nos conte a súa experiencia.

NORABOA!!







ASISTIMOS A UN ADESTRAMENTO DO BALONMÁN CANGAS


Onte, mércores 25 de marzo, antes de irnos de vacacións de Semana Santa, asistimos a un adestramento do Balonmán Cangas, equipo que compite na Liga ASOBAL, e está sitúado no 4º posto.


Foi unha mañá intensa e emocionante. Óscar, que nos acompañou durante toda a visita, fíxonos sentir estupedamente, contestou a todas as preguntas, facilitou o contacto cos xogadores, co Secretario do Club...


Aproveitamos para entrevistar a Óscar e ao secretario do Club.  Tamén aos xogadores do 1º equipo. Xa temos un montón de información para o noso traballo.

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita.







Si queredes ver mais fotos, podedes ver o FACEBOOK do Club

domingo, 22 de marzo de 2015

MULLERES DEPORTISTAS

Co gallo da conmemoración do Día da Muller, o alumnado de Atención Educativa, estiveron a traballar sobre as mulleres deportistas na historia recente do deporte español. Foi un traballo dirixido pola profesora de Educación Plástica e Visual, Seila Acuña, que aquí vos deixamos para compartilo con vós.



venres, 13 de marzo de 2015

ENTREVISTA A LUIS PÉREZ, SECRETARIO DO REAL CLUB NÁUTICO RODEIRA



Onte, xoves 12 de marzo, o equipo de 1ºB, Os amantes do deportes, entrevistaron a Luis Pérez, secretario do Real Club Náutico Rodeira.  Un club con mais de 300 socios e que traballa en 3 disciplinas deportivas:



      • A vela
      • O piragüismo
      • Kayak polo
Luis achegounos ao mundo dos deportes náuticos, que tantos logros ten acadados nas súas diferentes disciplinas.



ENTREVISTA A XOSÉ PEREIRO DO CLUB COLUMBÓFILO POMBAS DO MORRAZO




O equipo de 1ºA, Distrito 11, entrevistaron o martes 10 de marzo, a Xosé Pereiro do Club Columbófilo Pombas do Morrazo.

Unha entrevista moi interesante onde descubrimos o mundo do adestramento das pombas mensaxeiras, xa que neste caso as deportistas son as pombas.  Os coidados, os campionatos,... todo unha experiencia.


ENTREVISTA A ANTÍA PIÑEIRO


O equipo CALM de 1º B, entrevistou a Antía Piñeiro, xogadora do Club Balonmán Cangas e que formou parte da selección galega fiminina, na categoría infantil, no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas, acadando a medalla de  ouro.

Na entrevista contou a súa experiencia como seleccionada autonómica no recente Campionato de España, destacando a boa convivencia que houbo entre as xogadoras.

xoves, 12 de marzo de 2015

SOLANGE PEREIRA E A PERSPECTIVA FIMININA NO DEPORTE DE ÉLITE




Solange Pereira, atleta do Club Terra i Mar de Valencia, afincada en Cangas estivo no noso centro para reflexionar sobre a situación da muller nos deportes de élite:  apoio dende os clubs, impacto dos seus logros nos medios de comunicación, salario,...

Foi unha charla coloquio moi interesante na que o alumnado de 1º ESO aproveitou para facerlle moitas preguntas a Solange sobre a súa disciplina deportiva, a súa carreira deportiva e a súa visión como muller que vive do deporte.